logo sli Aquén
Toponimia galega



Aquén (http://sli.uvigo.es/toponimia) é unha ferramenta de divulgación e consulta desenvolvida no Seminario de Lingüística Informática que permite coñecer, localizar xeograficamente e visualizar cuantitativamente os topónimos oficiais dos 315 concellos, 3.794 parroquias e 37.297 lugares de Galiza, tal como están estabelecidos na lexislación vixente de acordo cos ditames da Comisión de Toponimia.

Como facer as buscas

As pescudas en Aquén permiten localizar os topónimos que conteñan total ou parcialmente a cadea buscada. Así, a busca da cadea gal como nome de lugar permitiría atopar os lugares de "Bugalleira", "Coto de Galos" ou "O Pedregal", entre moitos outros (en total, 191) que conteñen esta secuencia de letras.



Calcando na icona (Google Maps) que aparece na táboa de resultados diante de cada topónimo, pódese comprobar a información cartográfica ofrecida por Google Maps. Por exemplo, calcando na (Google Maps) diante da parroquia de "Troitosende (Santa María)" podemos ver o mapa e fotos de satélite desta parroquia con distintos niveis de detalle. Para aprender a manexar a ferramenta de Google e outras cuestións relacionadas, vexa a axuda de Google Maps.



Pódese empregar o símbolo "_" (guión baixo) para representar unha letra calquera. Por exemplo, a consulta do lugar de Sabad_n ofrecería como resultado os lugares cos topónimos de "Sabadín" e de "Sabadón".



Deixar unha ou varias celas de busca en branco, equivale a buscar todos os topónimos posíbeis dentro desas celas (concello, parroquia e/ou lugar). Por exemplo, para ver todos as parroquias e lugares do concello de Gondomar, pódese indicar unicamente "Gondomar" na cela reservada para o concello.



Topónimos por frecuencia (Nube de lugares)

A visualización gráfica en Aquén da frecuencia dos topónimos de lugares mediante unha nube de datos reutiliza parcialmente código aberto orixinal de Berto Yáñez. As nubes de datos son representacións visuais da información que usan o tamaño da letra para representar o número de veces que aparece cada elemento. Na nube de lugares xerada, o tamaño dun topónimo representa a súa frecuencia. Os topónimos máis frecuentes aparecen con letras máis grandes, e os topónimos menos frecuentes, con letras máis pequenas.

As pescudas na nube de lugares de Aquén permiten visualizar os topónimos de lugar que conteñan total ou parcialmente a cadea buscada. Así, a busca da cadea gal como nome de lugar, sen límite de aparicións, permitiría visualizar unha nube de datos cos lugares de "Galegos", "Augalevada" ou "O Pedregal", entre moitos outros que conteñen esta secuencia de letras.



Para ver unha nube de datos con todos os lugares que superen unha determinada frecuencia, seleccione a cantidade mínima de aparicións e deixe en branco a cela para o lugar. Por exemplo, para ver unha nube de datos dos topónimos de lugar que se dan máis de 100 veces, seleccione esta cantidade en "Número de aparicións" e deixe en branco a cela do lugar, deste xeito:



Pasando o punteiro do rato por riba dun topónimo pódese saber cantos lugares hai en Galiza con ese nome exacto. Calcando nun topónimo, pódese consultar a información dispoñíbel no nomenclátor oficial de topónimos de Galiza recompilado en Aquén.



Lexislación vixente

Decretos publicados no DOG que recollen a toponimia oficial galega:
A base de datos de Aquén baséase no Nomenclátor da Xunta de Galiza elaborado a partir da lexislación vixente.

Mapas

Os mapas enlazados por Aquén pertencen ao servizo de cartografía en liña de Google Maps.







Páxina inicial Corrector ortográfico Máis recursos lingüísticos


Seminario de Lingüística Informática, Universidade de Vigo, 2007
Deseño e programación web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL