Galicia

http://gl.dbpedia.org/resource/Galicia

Galicia (Gl-Galicia.ogg pronunciación (axuda · info)) ou Galiza (Gl-Galiza.ogg pronunciación (axuda · info)) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como Comunidade Autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de Autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea.
Galicia
xsd:integer 1485
Galicia (Gl-Galicia.ogg pronunciación (axuda · info)) ou Galiza (Gl-Galiza.ogg pronunciación (axuda · info)) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente desde 1978 como Comunidade Autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de Autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co Océano Atlántico, ao norte co Mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués, e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.Galicia posúe 2 748 695 habitantes (2014), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital cun estatuto especial, dentro da provincia da Coruña. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol.↑ Instituto Xeográfico Nacional (ed.). «Datos xeográficos e toponimia» (en castelán). ↑ IGE (ed.). «Cifras oficiais da poboación a 1 de xaneiro de 2014» (en galego). ↑ Galicia constitúe o único topónimo oficial: "A Academia contesta á Xunta que o único topónimo oficial é Galicia", artigo en La Voz de Galicia, 8 de xuño de 2008. Segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego: "Teñen terminación -cia, entre outros, acacia, ... etc. Entre estas palabras está Galicia, voz lexítima galega, denominación oficial do país e maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo. NOMIG 20º edición ISBN 84-87987-51-6 Páxina 56.↑ O termo Galiza, segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego da Real Academia Galega do ano 2003, acéptase para referírmonos á Comunidade Autónoma de Galicia (mantendo esta última como forma recomendada), xa que a pesar do estabelecido nas NOMIG, que xunto co VOLG son os únicos textos con carácter normativo para a lingua galega (Ver lei de normalización lingüística), sobre o carácter equivalente dos termos Galicia e Galiza, o Estatuto de Autonomía, di, no seu Artigo 1. 1. Galicia, nacionalidade histórica, constitúese en Comunidade Autónoma...polo que este é o nome oficial da comunidade autónoma.↑ Segundo o Dicionario da Real Academia Galega: "nación s.f. Comunidade humana, instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa. A nación de Breogán. Sociedade de nacións. CF. país, pobo, terra."No Dicionario de galego Digalego.com, Ir Indo. "Nación (lat. natione). s.f. Comunidade de individuos aos que uns vínculos determinados, basicamente culturais, económicos e unha historia común, lles dan unha fisionomía propia, diferenciada, e unha vontade de organización e proxección autónoma que os leva a querer dotarse de institucións propias, ata que se constitúa o estado."↑ RÍOS, X. (2010). Galicia e a sociedade das nacións. Editorial Galaxia S.A.. ↑ P. R. Castro (19 de novembro de 2006). «As deliberación do IX Congreso de Nacionalidades Europeas». Consultado o 26 de febreiro de 2014. ↑ Establecida pola Lei 1/1982, do 24 de xuño, e desenvolta na Lei 4/2002, do 25 de xuño.
Parte 1 de 4
Parte 2 de 4
Parte 3 de 4
Parte 4 de 4
Galicia
Galiza
de Galicia
Flag of Galicia.svg
Escudo de Galicia.svg
xsd:integer 120
Location of Galicia.png
xsd:integer 20
xsd:double 95.8
Alberto Núñez Feijóo
xsd:integer 6
xsd:double 29.574
xsd:integer 7
con Portugal 296
xsd:double 1.562
xsd:integer 2748695
xsd:integer 5
xsd:double 92.94
galego/a
UTC+1
UTC+2
ES-GA
Son do artigo Galicia, parte 1 de 4 da versión do 5 de marzo de 2012 ás 01:19, duración: 16:46, tamaño: 10,85 MB.
Son do artigo Galicia, parte 2 de 4 da versión do 5 de marzo de 2012 ás 01:19, duración: 18:30, tamaño: 12,53 MB.
Son do artigo Galicia, parte 3 de 4 da versión do 5 de marzo de 2012 ás 01:19, duración: 18:57, tamaño: 13,01 MB.
Son do artigo Galicia, parte 4 de 4 da versión do 5 de marzo de 2012 ás 01:19, duración: 17:29, tamaño: 12,28 MB.
Sitio web oficial
"Os Pinos"
Ficheiro:Himno de Galicia.ogg
España
de
Galego e castelán
xsd:integer 160
Gal-Galicia_1_of_4-article.ogg
Gal-Galicia_2_of_4-article.ogg
Gal-Galicia_3_of_4-article.ogg
Gal-Galicia_4_of_4-article.ogg

datos da Linked Data Cloud

Desenvolvemento: Xavier Gómez Guinovart & Miguel Solla
Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG, Universidade de Vigo, 2015